InicioPolíticaCaballero denuncia o "hermetismo e a incapacidade de transparencia" da Xunta cos...

Caballero denuncia o “hermetismo e a incapacidade de transparencia” da Xunta cos datos da Covid en Vigo

Di que o concello necesita ter esa información "para cooperar e actuar no ámbito das súas competencias".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que remitirá unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para reclamarlle información sobre a evolución da pandemia de coronavirus na cidade olívica, e denunciou que o goberno galego está “a ocultar” eses datos aos concellos, a pesar de que estes deben tomar medidas de prevención e control.

Nunha rolda de prensa, o rexedor lamentou que descoñece o nivel de incidencia do COVID nas diferentes zonas da cidade, o que dificulta a actividade de control que levan a cabo Policía Local ou Protección Civil. “O alcalde de Vigo, dunha das grandes cidades de España, non ten información”, criticou.

Abel Caballero denunciou o “hermetismo e a incapacidade de transparencia” da Xunta, e lembrou que el ten información directa do Ministerio de Sanidade. “Pero a Xunta négalle a información ao goberno da cidade máis importante de Galicia”, insistiu.

Segundo subliñou o alcalde de Vigo, nunca cuestionou nin criticou as decisións do goberno galego en materia sanitaria nesta pandemia, pero “esta vez si”, porque o concello necesita ter esa información “para cooperar e actuar no ámbito das súas competencias”.

Finalmente, lembrou que as entidades locais están a atender as indicacións das autoridades sanitarias autonómicas “sen discutir e cunha lealdade total, incluso pagando gastos que non lles corresponden”, pero teñen que estar informadas. “Feijóo saberá o que fai, pero a responsabilidade é del”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...