InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Policía Local de Vigo capturou no mesmo día dúas serpes dun...

A Policía Local de Vigo capturou no mesmo día dúas serpes dun metro en vivendas da zona

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ás 18:45 horas do pasado mércores unha patrulla da Policía Local de Vigo acudiu á rúa Abade Juan de Bastos debido a que os propietarios dunha vivenda observaron unha
serpe no canlón de augas pluviais.

Os Axentes procederon a desmontar o canlón usando un trade e un martillo, retirando
dita culebra do seu interior. Tratábase dunha culebra adulta da especie bastarda de 1,16 metros de lonxitude, a cal foi devolta á súa hábitat pouco despois, por tratarse dunha especie protexida.

É bastante agresiva e si é molestada erguerase como unha cobra e fará notar o seu enfado cun son penetrante. O seu veneno, de efectos locais, é inoculado por uns colmillos posteriores que só chegan a morder cando a súa presa xa está bastante dentro da súa boca, polo que a súa mordedura, aínda que pode ser dolorosa, non é perigosa para o home.

Outra serpe da mesma especie foi capturada sobre as 21:30 horas no mesmo día polos
mesmos compoñentes da Policía Local nunha urbanización de Candeán. O réptil atopábase no xardín dunha vivenda, e unha vez capturado foi devolto ao súa hábitat.

ÚLTIMAS

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...

O BNG denuncia os salarios “estratosféricos” que propón o goberno de Caballero

O BNG de Vigo mostrou este mércores a súa oposición á subida do 5,5%...

Caballero pide reunirse xa con Xunta e Deputación sobre o financiamento do Mundial e esta pídelle coñecer proxectos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir en pedir un encontro coa...