InicioPolíticaO Concello licitará este ano o proxecto dun novo tramo de paseo...

O Concello licitará este ano o proxecto dun novo tramo de paseo xunto o río Lagares

O alcalde de Vigo indicou que o Concello recibiu o informe favorable vinculante da Dirección Xeral de Aviación Civil á actuación proxectada na Panificadora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o Concello licitará o proxecto dun novo tramo de paseo de 3 quilómetros de lonxitude que acollerá a contorna do río Lagares a finais deste ano.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico precisou que a actuación comprenderá a zona situada entre a avenida de Madrid e a rúa Manuel Álvarez. Así, o vindeiro martes levará á Xerencia Municipal de Urbanismo a aprobación do proxecto de expropiación de 96 parcelas situadas nas marxes do río.

Tamén concretou que o proxecto inclúe a realización do paseo e o estudo ambiental, así como a plantación de 140 árbores. Abel Caballero detallou que o obxectivo pasa por acometer o paseo “ata as zonas altas do río Lagares”, cuxo curso lembrou que só transcorre polo termo municipal.

Noutra orde de cousas, o rexedor olívico indicou que o Concello recibiu o informe favorable vinculante da Dirección Xeral de Aviación Civil á actuación proxectada na Panificadora.

Abel Caballero sinalou que para realizar a modificación puntual do plan de urbanismo precisa para acometer este proxecto só permanece pendente un informe da Xunta.

En concreto, a actuación, proxectada polo goberno local xunto á Zona Franca, permitirá converter a Panificadora nunha dotación pública e rehabilitar a contorna.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...