InicioSociedadeCaballero aos mozos: "Facédeme caso: máscara, distancia e prudencia"

Caballero aos mozos: “Facédeme caso: máscara, distancia e prudencia”

O alcalde insistiu en manter as distancias, aínda que sexa entre grupos de amigos, porque "o virus non entende de amizades", e incidiu na importancia de ser coidadosos, especialmente nos momentos de lecer.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, apelou este venres á “precaución” e responsabilidade dos máis novos na contención da pandemia de coronavirus, despois de que se detectara na área un brote de COVID con 23 casos (polo momento) vinculados a dúas reunións dun grupo de mozos e mozas, e pediulles “con todo o agarimo” que cumpran os protocolos de seguridade sanitaria, usen as máscaras, manteñan as distancias e laven frecuentemente as mans.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico quixo enviar unha mensaxe á poboación máis nova: “Mirade que vos quero, pero facédeme caso. Moita precaución, prudencia, máscaras, lavado de mans e distancia social“, proclamou.

Abel Caballero apelou a esa responsabilidade para conter a pandemia na área de Vigo e lembrou que os contagios de xente nova pasan á poboación máis maior, na que o COVID ten consecuencias “gravísimas”. “Estou moi preocupado por este rebrote de casos en xente nova”, admitiu.

Por iso, o alcalde insistiu en manter as distancias, aínda que sexa entre grupos de amigos, porque “o virus non entende de amizades”, e incidiu na importancia de ser coidadosos, especialmente nos momentos de lecer.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...