InicioSociedadeNovo foco na área de Vigo con 15 casos positivos vinculados a...

Novo foco na área de Vigo con 15 casos positivos vinculados a dúas festas privadas de mozos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área sanitaria de Vigo rexistrou un novo brote de COVID con 15 casos positivos polo momento, vinculados con dúas reunións e festas privadas nas que participaron un grupo de mozos, segundo informaron fontes do Sergas.

Así, trátase dun mesmo grupo duns 20 mozos que participou en dúas reunións en domicilios particulares (en Vigo e Nigrán).

Nestes momentos están a rastrexarse os contactos dos mozos e estase realizando un cribado para detectar os contaxios. Polo momento, hai 15 casos confirmados, entre os mozos e algúns dos seus contactos e familiares, aínda que non se descarta un incremento de positivos.

O Sergas lembrou “aos mozos e mozas novas” a necesidade de cumprir coas medidas de seguridade e distanciamento social “imprescindibles para evitar a infección do virus e a súa transmisión”.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...