InicioSociedadeUn caso positivo nunha subcontrata de PSA Vigo obriga a illar a...

Un caso positivo nunha subcontrata de PSA Vigo obriga a illar a 11 traballadores

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un caso positivo de COVID nunha subcontrata que traballa na planta de PSA Peugeot Citroën de Vigo obrigaron, en cumprimento dos protocolos de seguridade sanitaria, a illar a outros 11 operarios, segundo confirmaron a Europa Press fontes da factoría.

A persoa que deu positivo é unha traballadora dunha subcontrata que está vinculada co brote que afecta á Comisaría de Vigo (onde 7 funcionarios deron positivo en coronavirus e outros 30 policías da Unidade de Intervención están illados).

Como medida de prevención, illouse a 11 traballadores que tiveron contacto coa empregada contaxiada e realizar probas PCR, das que aínda non se coñece o resultado.

Fontes da planta confirmaron que a traballadora que resultou infectada non está vinculada con procesos de produción e que, en todo caso, a medida de illamento dos outros operarios tampouco afectará ao normal funcionamento da fábrica.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...