InicioSociedadeIllados 30 policías nacionais por un brote que afecta a 7 funcionarios...

Illados 30 policías nacionais por un brote que afecta a 7 funcionarios da Comisaría

Segundo confirmou o sindicato SUP, hai cinco axentes pertencentes á Unidade de Intervención, que estiveran traballando no aeroporto de Barajas, e que deron positivo en COVID-19, aos que se suman outros dous funcionarios das oficinas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ao redor dunha trintena de axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo atópanse illados á espera de coñecer se resultaron afectados por un brote de coronavirus, do que se confirmaron xa 7 casos positivos.

Segundo confirmou o sindicato SUP, hai cinco axentes pertencentes á Unidade de Intervención, que estiveran traballando no aeroporto de Barajas, e que deron positivo en COVID-19, aos que se suman outros dous funcionarios das oficinas (positivos confirmados hai unha semana).

Ademais, outros 30 policías do grupo VIII da UIP de Vigo están illados á espera de saber se se contaxiaron, polo que o sindicato policial reclamou que se fagan probas PCR a todos os axentes da UIP “en cada saída e regreso” á Comisaría.

Na área sanitaria de Vigo, segundo datos de Sanidade, hai actualmente 185 casos activos de coronavirus, dos que 4 son pacientes hospitalizados (un no Álvaro Cunqueiro e 3 no Hospital Povisa); o resto de pacientes recupéranse nos seus domicilios.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...