InicioSociedadeDenuncian que dúas residencias de Vigo pecharon as súas portas aos familiares

Denuncian que dúas residencias de Vigo pecharon as súas portas aos familiares

Rede di que “boicotean” a orde do Goberno central e autonomías que apuntaba a posibilidade dunha visita por día durante unha hora aos residentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous das residencias máis importantes en Galicia, a pública máis grande (en Bembrive, Vigo, de 306 prazas) e a privada de Barreiro (tamén en Vigo), propiedade de DomusVi, decidiron nestas últimas horas permitir o acceso dos familiares só unha vez á semana e nun espazo de 30 minutos. Unha situación que, segundo a asociación de familiares REDE, vai en contra da orde aprobada entre o Goberno central e as autonomías.

Este acordo suliñaba que se restrinxirán as visitas nos centros de maiores a unha por residente e máximo dunha hora ao día, “extremando as medidas de prevención”. A decisión destas dúas residencias viguesas provocou indignación nas familias e nas usuarias.

De feito, representantes das persoas maiores residentes na pública de Bembrive presentaron unha ducia de reclamacións nas dependencias deste centro entre este luns e e martes. Tamén se concentraron ante as portas do xeriátrico como sinal de protesta e ameazan con ir directamente aos xulgados se a dirección da residencia persiste en manter as restricións “extremas”.

Os familiares piden ao Goberno central que apreme á Xunta para que poña coto a este incumprimento das normas aprobadas por unanimidade por todos os Gobernos, central e autonómicos, “un feito gravísimo”, advirten. Por iso, ameazan con acudir aos xulgados para denunciar ás residencias por “vulnerar os dereitos fundamentais de residentes e familiares”, e á Xunta por “complicidade neglixente”

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...