InicioSociedadeAs primeiras probas a usuarios e traballadores do centro de día pechado...

As primeiras probas a usuarios e traballadores do centro de día pechado nas Neves dan negativo

PUBLICADO O

- Advertisement -

As primeiras probas PCR realizadas a persoal e usuarios do centro de día das Neves, que foi pechado temporalmente tras a detección dun caso positivo de coronavirus, deron negativo neste virus, aínda que as instalacións permanecerán clausuradas como medida preventiva.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da consellería de Política Social, tras a detección dese caso positivo (unha usuaria do centro de día) a pasada semana, realizáronse un total de 23 probas PCR aos usuarios (8 persoas), traballadores do centro, persoal de cátering, limpeza, transporte, etc.

Esas primeiras probas deron resultado negativo en COVID-19, aínda que o centro seguirá pechado ata cumprir o prazo de 15 días, como medida de precaución. Así, se non hai cambios na evolución da situación, as instalacións poderán reabrir a finais de agosto.

No entanto, apuntaron desde Política Social, as probas PCR a usuarios e traballadores volverán repetirse, tal e como establece o protocolo para estes casos, “nos próximos días”.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...