InicioPolíticaCaballero apoia a prohibición de fumar se non hai distancia e adianta...

Caballero apoia a prohibición de fumar se non hai distancia e adianta que a ampliará ás praias

"Paréceme conveniente a formulación de Feijóo", destacou o rexedor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, apoiou este xoves a prohibición de fumar en terrazas de locais ou na rúa cando non se pode manter a distancia de seguridade para evitar a propagación do coronavirus, e subliñou que recomendará á cidade que siga esa indicación. Así o trasladou nunha rolda de prensa, a preguntas dos medios sobre esa restrición, anunciada nas últimas horas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e que entrou en vigor este xoves.

“Hai que ser moi prudentes, paréceme conveniente a formulación de Feijóo. Estamos en rebrotes e hai que tomar medidas de protección”, sinalou o rexedor olívico, quen coincidiu co presidente galego ao sinalar que “os técnicos din que o fume do tabaco pode conter virus”. Respecto diso, Caballero tamén lembrou que o Concello de Vigo está a preparar a súa ordenanza para regular a prohibición de fumar nalgunhas praias de Vigo, e avanzou que, mentres dure a pandemia de COVID e tras as indicacións da Xunta, as restricións afectarán a todos os areais.

SANTIAGO ADVIRTE DA FALTA DE RECURSOS

A Concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, considerou que a decisión da Xunta de permitir fumar en lugares públicos unicamente se se pode garantir a distancia de dous metros é “sensata”, pero manifestou que os municipios contan con “moi poucos recursos” para controlar o cumprimento das normas.

Rosón respondeu así a unha pregunta sobre esta medida, que entrou en vigor este xoves, nunha rolda de prensa. “Feijóo o único que fai é pór deberes ao Estado e ao Concello“, criticou epediulle ao presidente da Xunta que se enfronte “a todas as responsabilidades e competencias en materia sanitaria, educativa e de xestión da comunidade”.

“Temos –os concellos– moitas cousas encima e moi poucos recursos. El ten moitos recursos e case todas as competencias. O que ten que facer de forma urxente é enfrontarse a elas. Dá a sensación de que estas medidas con moita repercusión mediática están a ser utilizadas para tapar o verdadeiramente importante”, acusou.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...