InicioSociedadeA área de Vigo suma novos casos de Covid nun día no...

A área de Vigo suma novos casos de Covid nun día no que Galicia chega aos 111

O maior número de contaxios dase na área da Coruña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Galicia volveu a incrementar en 111 casos máis que este mércores e a cifra sitúase en 938 –tras subir en todas as áreas sanitarias salvo na de Santiago–, dos que 544 corresponden á da Coruña e Cee –81 máis que a xornada pasada–, onde hai un brote relacionado cun ximnasio en Arteixo con máis de medio centenar de casos. En Vigo tamén subiron os casos, aínda que menos que o xoves.

Así se desprende dos datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, 40 permanecen en unidades de hospitalización convencional –cinco máis que este mércores– e un na UCI –dúas persoas menos–, mentres que 897 atópanse en seguimento domiciliario –108 máis respecto da xornada pasada–.

Dos 938 casos activos, 544 corresponden á área da Coruña e Cee –81 máis que este mércores–; 93 á de Lugo –nove máis–; 118 á de Vigo –dúas máis–, 51 á de Pontevedra e O Salnés –seis máis–; 60 á de Ourense –seis máis–; 43 á de Santiago –dúas menos– e 29 á de Ferrol –nove máis–.

Sanidade indica que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.506 persoas, 30 máis que a xornada anterior, e faleceron 623 pacientes con COVID. A última vítima mortal notificada foi un home de 90 anos falecido en Ourense relacionado cun brote en Vilar de Barrio.

Dos 938 casos activos na Comunidade galega, cinco están vinculados a centros residenciais, tres corresponden a usuarios e dous a traballadores. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 272.115 fronte ás 269.448 rexistradas ata este mércores, indicou Sanidade.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...