InicioSociedadeTres novos positivos elevan xa a 81 os casos de Covid-19 activos...

Tres novos positivos elevan xa a 81 os casos de Covid-19 activos na área de Vigo

Dispáranse os casos activos de Covid-19 en Galicia ata 533, ao sumar 89 máis, e xa hai tres ingresados en UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID-19 en Galicia disparouse este sábado, ata situarse en 533, o que supón un aumento de 89 con respecto ás cifras deste venres. O país rexistra, deste xeito, o seu décimo sexto día consecutivo de aumentos.

Todas as áreas sanitarias rexistraron alzas, a máis marcada a da Coruña-Cee, con 69 casos activos máis e un total que se sitúa en 246, de acordo cos últimos datos da Consellería de Sanidade.

Precisamente, este sábado entraron en vigor unha serie de restricións que afectan a esta área sanitaria e son máis estritas, con medidas como o peche do lecer nocturno e reunións limitadas a 10 persoas, na comarca da Coruña, onde hai un brote relacionado cun ximnasio en Arteixo.

Galicia rexistrou este venres o primeiro falecemento dunha paciente con COVID-19 en case dous meses –o anterior produciuse o 10 de xuño–, o dunha muller de 91 anos que estaba ingresada en Ourense, o que eleva o total de mortos a 620.

As cifras soben en todas as áreas sanitarias e, do total de casos activos, 81 corresponden á de Vigo –tres máis que o venres–; 79, á de Lugo –sete máis–; 44, á de Pontevedra –un máis–; 40, á de Santiago –cinco máis–; 37, á de Ourense –tres máis–; e seis, á de Ferrol –uno máis–.

Hai un paciente máis ingresado na UCI e o total sitúase en tres, mentres que os ingresos en planta en hospitais son 25 –catro máis que este venres– e hai 505 persoas en seguimento domiciliario –84 máis que no parte anterior–.

Os datos de Sanidade mostran que, ata o momento, curáronse 11.403 persoas, 22 máis das que constaban este venres, e realizáronse 262.510 PCR, un total de 1.725 máis que onte.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...