InicioSociedade27 sanitarios de Neurocirurxía do Cunqueiro en corentena por contacto cunha paciente...

27 sanitarios de Neurocirurxía do Cunqueiro en corentena por contacto cunha paciente positivo en Covid

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 27 profesionais sanitarios, entre enfermeiros e técnicas auxiliares de enfermaría e celadores, do Servizo de Neurocirurxía do Álvaro Cunqueiro foron posta en corentena tras detectarse un positivo entre unha paciente que ía ser operada nesa planta.

Segundo as fontes sanitarias consultadas, as profesionais foron enviados a casa para gardar confinamento preventivo. Unha medida que as colleu por sorpresa e causou moita alarma entre os sanitarios que se queixan da falla de medidas de seguridade nos propios hospitais.

Fontes do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo confirmaron a información a Xornal de Vigo, pero suliñan que non hai ningún risco para as profesionais. Aclaran que o positivo foi dunha paciente e que se illou “por precaución” e “seguindo os protocolos establecidos” ao persoal sanitario que tivo contacto con esta paciente.

Ademais, estas fontes insisten en que a todos os pacientes que acoden a realizar operacións se lles fai as probas PCRs. “Por iso, ao detectarse este caso, procedemos illando ao persoal que estivo en contacto coa contaxiada”, aseguran.

Polo momento, son 8 enfermeiras, 11 técnicas auxiliares e 8 celadores as que foron postas en corentena preventiva. Todas están nos seus domicilios. A ningunha delas se lles fixo a proba PCR, agás a unha que “presentaba algún síntoma”, pero, polo momento, non hai resultado desta proba. O resto, “a non ter síntomas non se lles fixo”, din desde o Sergas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...