InicioSociedadeFamiliares de residentes mortos na DomusVi Aldán levan a súa protesta diante...

Familiares de residentes mortos na DomusVi Aldán levan a súa protesta diante da casa de veraneo de Feijóo en Moaña

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os familiares dos residentes de DomusVi levaron este domingo á protesta á casa de veraneo de Feijóo e a súa parella en Moaña. Alí, un grupo de uns vinte familiares chantou unha pancarta no Mirador do Con, xusto en fronte da casa da parella do presidente galego, Eva Cárdenas, na que pedían «residencias 100% públicas».

Durante a protesta reclamaron unha «investigación seria» e explicacións públicas do acontecido durante a pandemia cos seus parentes, especialmente, na residencia DomusVi Aldán, unha das máis golpeadas, e na que faleceron durante a pandemia 38 persoas residentes. «Canto custa unha vida para DomusVi?. Os maiores non son unha mercadoría», recollía a pancarta que levaban.

Familiares de residentes de DomusVi Aldán protestan no Mirador do Con, en Moaña

Os afectados, que camiñaron desde o Concello de Moaña ata o Mirador do Con, lamentan ademáis a «escandalosa volva das malas prácticas nas residencias de DomusVi, a sistémica falla de persoal, a vulneración dos dereitos humanos e a inacción da administración».

Os familiares tamén piden coñecer «os expedientes médicos» dos falecidos para poder ir aos xulgados. Neste sentido, critican que xa a propia xustiza non teña actuado de oficio.

ÚLTIMAS

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...

Profesionais da xustiza protestan en Vigo contra o “caos” da nova lei de eficiencia

Decenas de persoas protestaron este martes en Vigo pola “situación crítica” que vive a...