InicioSociedadeUn investigador da UVigo dirixirá un estudo que analizará como se produce...

Un investigador da UVigo dirixirá un estudo que analizará como se produce o proceso de metástase no cancro

David Posada será o resonsable deste proxecto en colaboración co grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director do Laboratorio de Filoxenómica da Universidade de Vigo (UVigo), David Posada, será o responsable dun proxecto que busca entender como se produce o proceso de metástase no cancro.

O traballo desenvolverase durante catro anos en colaboración co grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e conta cun orzamento de 363.000 euros, segundo trasladou a universidade.

Precisamente, este foi un dos 33 proxectos de investigación para os que a UVigo conseguiu un financiamento que ascende a 3,7 millóns de euros no marco da convocatoria de i+D+i da Axencia Estatal de Investigación. A iniciativa que dirixirá David Pousada foi a que obtivo un maior orzamento das da UVigo e levará a cabo en colaboración o doutor Roberto Piñeiro do Oncomet.

Posada detallou que o obxectivo deste proxecto, no que traballarán cinco profesionais, pasa por “entender que papel xogan as células tumorais circulantes”. Mediante técnicas de xenómica e evolución e un modelo animal, explicou que se aspirará a “coñecer as súas principais rutas de emigración”.

Así, o investigador avanzou que se estudará se nos grupos de células que viaxan xuntas hai distintos tipos con diferentes funcións e se estas “colaboran entre si para ser máis efectivas á hora de colonizar un novo órgano”.

Para iso, inxectarase unha liña celular tumoral de cancro de mama a ratos que se marcará cunha fluorescencia verde para poder ver como se dispersa. Deste xeito, permitirase que creza o tumor no rato, tras o que se sacrificará para estudar a configuración xenómica destas células.

FABRICACIÓN DE NANOPARTÍCULAS

Por outra banda, o proxecto co que a UVigo alcanzou un maior orzamento no marco da Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e Innovación 2013-2020 para os Retos da Sociedade está enfocado no deseño racional, a fabricación e a caracterización avanzada de nanopartículas codificadas SERS.

En concreto, a iniciativa, liderada pola profesora da universidade Isabel Pastoriza, desenvolverase durante tres anos e alcanzou un financiamento de 314.000 euros. Así, aspira a superar as debilidades que limitan o desenvolvemento de inmunoensaios e a contribuír ao desenvolvemento de novas estratexias ‘in vitro’ de bioimax.

O equipo que realizará a investigación estará composto por químicos, unha doutora en Física e dous doutores en Bioloxía, todos eles integrantes do grupo de Química Coloidal. Tamén contará coa colaboración da profesora da Universidade de Anveres e directora do Centro de investigación de microscopía electrónica para a ciencia dos materiais (EAMT), Sara Bals.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...