InicioSociedadeA Xunta deixa a Vigo sen unha planta de pediatría no Cunqueiro...

A Xunta deixa a Vigo sen unha planta de pediatría no Cunqueiro dous días despois das eleccións

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia da área sanitaria de Vigo vai pechar unha planta de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro. Un anuncio que fai dous días despois das eleccións autonómicas, sen comunicación previa á representación sindical, e logo de ter declarado a dirección publicamente que este verán non se ían pechar plantas como en anos anteriores.

É a denuncia que fai CIG-Saúde que explica que esta decisión foi comunicada á ultima hora do martes, “tan só un día antes da súa posta en marcha”, xa que se fai efectiva este mesmo mércores, e só foi tras as protestas do persoal que se trasladou información á representación sindical sobre a reorganización da unidade.

Para a CIG-Saúde de Vigo esta medida supón “unha falta de respecto ao persoal do servizo xa que non se lle informou coa suficiente antelación, provocando un gran malestar pola incerteza creada, tanto no aspecto organizativo do servizo como na súa vida persoal”.

A Xerencia alude á baixa ocupación dende hai semanas para xustificar esta medida, pero se isto fora así ” acturaron con premeditación e aleivosía calculada, atendendo a intereses máis ben políticos, xa que esperaron a que pasasen as eleccións galegas para anunciar o peche da unidade e así evitarse a crítica”.

Neste senso, lembran que a xerencia da área sanitaria anunciara e “alardeara” de que este ano non se ían facer peches de plantas. “Declaracións que demostraron ser pura imaxe, comprobándose na práctica que obedeceron máis a intereses políticos que sanitarios. Dende CIG-Saúde entenden que “isto é un claro síntoma do que nos agarda durante estes catro anos de goberno de Feijoo: máis recortes e privatizacións“, advirten.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un fuxitivo reclamado por Venezuela por estafar máis de 600.000 euros

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un home que tiña en vigor...

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...