InicioSociedadeProposta da UVigo con tres titulacións para a convocatoria de Másteres de...

Proposta da UVigo con tres titulacións para a convocatoria de Másteres de Excelencia

Tamén poderán optar a este recoñecemento másteres oficiais con validez en toda España que poidan ser impartidos na comunidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) incluíu tres titulacións do campus central e unha impartida no de Ourense na súa proposta para a convocatoria de Másteres de Excelencia da Xunta.

Segundo precisou a UVigo, presentáronse dez másteres na convocatoria interna de entre os que unha comisión escolleu catro de acordo cos criterios que utilizará a Xunta na súa selección final. Así, a proposta da universidade inclúe Matemática Industrial, Xestión Empresarial do Deporte, Acuicultura, Biotecnoloxía Avanzada e Enxeñaría da Automoción.

En concreto, o Goberno galego selecccionará un máximo de seis titulacións do tres universidades da comunidade para outorgarlles un selo de excelencia. Aínda que a resolución debería emitirse antes do período de matriculación dos másteres postos en marcha, a crise sanitaria aprazou a decisión que recoñecerá a solvencia científico-técnica e a capacidade formadora das titulacións.

Este distintivo enmárcase no Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para o período 2018-2020. Así, a convocatoria está aberta a títulos de máster ofrecidos ininterrompidamente, polo menos, desde o curso 2016/17. Tamén poderán optar a este recoñecemento másteres oficiais con validez en toda España que poidan ser impartidos na comunidade.

O vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado da UVigo, Manuel Ramos, destacou que dispor deste recoñecemento pode facilitar atraer alumnado e docentes externos de primeiro nivel. Ademais, apuntou que a vixencia do selo ascende a cinco anos non asociados a cursos académicos, así como que o mesmo leva un financiamento adicional por parte da Xunta.

Así mesmo, a universidade sinalou que o período de matrícula estará comprendido entre o 21 e o 24 de xullo, ambos os incluídos. Ademais, ata momento, rexistrouse un incremento do 6% nas preinscricións para másteres que se impartirán na UVigo este curso.

Manuel Ramos valorou este indicador ante o temor que espertaba a posibilidade de que a situación actual influíse negativamente nas taxas de matriculacións. Ademais, indicou que os datos de preinscrición permiten observar a tendencia na demanda de prazas das titulacións.

ÚLTIMAS

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...