InicioSociedadeO embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo...

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

Alí, xunto á placa erixida en homenaxe ás 21 vítimas do pesqueiro galego naufragado en 2022 en augas de Terranova (Canadá), depositaron unha coroa floral na súa memoria e de todos os que dedicaron a súa vida ao mar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda floral en Vigo como homenaxe ás vítimas do ‘Villa de Pitanxo’. Ao acto, que tivo lugar ás 13.00 horas desta xornada fronte ao edificio Virxe do Carme, situado no Porto de Vigo, acudiron oficiais da Armada española e peruana.

Alí, xunto á placa erixida en homenaxe ás 21 vítimas do pesqueiro galego naufragado en 2022 en augas de Terranova (Canadá), depositaron unha coroa floral na súa memoria e de todos os que dedicaron a súa vida ao mar. “Foi un acto con moito respecto, cunha mensaxe ás familias para darnos ánimos e continuar nesta loita de que se saiba a verdade e alcanzar unha sentenza xusta”, sinalou María José de Pazo, portavoz dos familiares das vítimas do pesqueiro galego, que mostrou o seu agradecemento a todos os participantes e organizadores do acto.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...