InicioPolíticaAceptadas as renuncias de máis de 300 vigueses seleccionados para estar en...

Aceptadas as renuncias de máis de 300 vigueses seleccionados para estar en mesas electorais

O número de renuncias foi de 309, aceptadas pola Xunta Electoral, aínda que as vacantes xa foron cubertas, grazas a ese segundo sorteo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta Electoral aceptou a renuncia de 309 vigueses que foran seleccionados para formar parte das mesas electorais con motivo dos comicios autonómicos do 12 de xullo, o que supón un 9 por cento dos integrantes desas mesas en Vigo.

Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen matizou que, pese á porcentaxe “moi alta” de renuncias, as baixas xa foron cubertas.

De feito, o Concello olívico celebrou un segundo pleno para seleccionar aos membros das mesas o pasado 1 de xullo (o primeiro sorteo fíxose nun pleno extraordinario o 15 de xuño), cando se trasladou a renuncia de 158 elixidos.

Finalmente, o número de renuncias foi de 309, aceptadas pola Xunta Electoral, aínda que as vacantes xa foron cubertas, grazas a ese segundo sorteo.

En Vigo haberá 372 mesas, repartidas en máis de 80 colexios electorais. En cada mesa haberá, como sinala a normativa, 3 membros (un/a presidente/a, e dous vogais) e por cada un deles haberá dous suplentes.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...