InicioVigo e contornaRedondelaFeridas tres persoas, unha delas menor, tras saír da vía un vehículo...

Feridas tres persoas, unha delas menor, tras saír da vía un vehículo ao quedar sen freos en Redondela

Ferido un sexagenario nun atropelo en Outes (A Coruña)

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os tres ocupantes dunha furgoneta, dous adultos e un menor, resultaron feridos na noite deste xoves despois de saírse da vía ao seu paso por Redondela (Pontevedra).

Segundo informou o 112 Galicia, todo parece indicar que cando o vehículo circulaba pola estrada N-550, á altura de Cedeira, quedou sen freos e o condutor perdeu o control, o que provocou que saira da vía.

Os tres ocupantes resultaron feridos, aínda que non parecían revestir gravidade. O 112 indicaron que puideron saír polos seus propios medios do interior do vehículo. Debido ao impacto, e tras saír da calzada, o vehículo chocou contra o muro dunha casa causando danos materiais na propiedade e nun poste.

ÚLTIMAS

“Unha viaxe a Brobdingnag”, a particular cartografía da cultura viguesa en máis de 200 retratos

A Asociación Cultural Évame Oroza inaugura o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 20.00...

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...