InicioEconomíaA Xunta ofrece un cheque covid-19 para os autónomos, a cinco días...

A Xunta ofrece un cheque covid-19 para os autónomos, a cinco días das eleccións

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director xeral de Promoción e Orientación Laboral, Pablo Casal, informou hoxe en Pontevedra, na clausura do programa Son Executiva, que desde o 7 de xullo pode pedirse o cheque autónomo, unha axuda da Xunta de ata 1800 euros, para cubrir gastos de loxística, gastos de comercio e venta en liña, publicidade en redes sociais e gastos correntes de seguridade motivados pola covid-19.

A medida conta cun orzamento de 16M€ e ofrecerá financiamento do 100%, ata un límite de 1800 euros. O cheque está enmarcado no Plan de reactivación económica de Galicia e inclúe anticipos do 100% cubrindo os gastos realizados desde a declaración do estado de alarma ata o 31 de decembro deste ano. Con esta iniciativa preténdese favorecer a consolidación dun emprego autónomo estable e de calidade.

Con respecto a Son Executiva, Casal destacou que 400 mulleres melloraron as súas habilidades, a través da formación, para poñer en marcha ou reforzar os seus proxectos empresariais. A iniciativa estivo dirixida tanto a directivas, profesionais con experiencia e empresarias en activo, como a mulleres que acaban de obter o seu título universitario ou de FP.

O director xeral puxo en valor o traballo das emprendedoras e autónomas galegas que están a liderar a actividade profesional para contribuír á reactivación económica e sinalou a importancia de fortalecer a posta en marcha de medidas encamiñadas a rebaixar a fenda salarial, potenciar a presenza feminina en postos de responsabilidade e facilitar a conciliación.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...