InicioPolíticaArrimadas pide "un pequeno apoio para Cs", un "gran cambio para Galicia"

Arrimadas pide “un pequeno apoio para Cs”, un “gran cambio para Galicia”

Inés Arrimadas reaparece nun acto en Vigo acompañando á candidata á presidencia da Xunta, Beatriz Pino.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta de Ciudadanos, Inés Arrimadas, quixo arroupar á cabeza de lista, Beatriz Pino, á que cualificou como “candidata revelación” no debate electoral da CRTVG. Así pois, reapareceu nun mitin en Vigo tras ser nai por primeira vez dun fillo en maio e, fíxoo con propostas para impulsar a demografía, como considerar familias numerosas ás que teñan dous fillos.

Ao redor de Beatriz Pino tamén dixo que é “cento por cento ‘ciudadanos’, traballadora, loitadora, que sabe o que é ter os pés no chan e que viviu en primeira persoa os problemas de todos os galegos para conciliar, para ter unha carreira profesional” e para “darlle aos seus fillos unha boa educación”.

Non en balde, reivindicou a Ciudadanos como a “voz da sensatez, da normalidade, a que leva ás institucións o que é normal na rúa”. “Estamos a demostralo na oposición, pero estamos a demostralo tamén nos gobernos nos que xa estamos”, manifestou nunha chamada ao voto para a formación laranxa. A líder de Ciudadanos asegurou que Beatriz Pino “ten que ser a voz desa Galicia que non se conforma, desa Galicia inconformista, traballadora, que sabe que esta terra ten moito que gañar e que sabe que nesta terra hai moito que mellorar”.

No acto no parque de Castrelos, un dos espazos verdes da cidade emblemáticos e acolledor de familias, Arrimadas defendeu propostas como que as familias con dúas fillas poidan “ter os beneficios propios das familias numerosas”. “Porque hoxe realmente é unha odisea ter fillos e queremos que teñan as mesmas facilidades os de dous, tres, catro ou cinco”, explicou, á vez que engadiu que nesta proposta as familias con tres descendentes pasarían a categoría especial.

Iso é política útil. Outros falan de delirios nacionalistas, outros din que todo vai moi ben e que hai que seguir sen cambiar”. E advertiu: “non podemos pensar que estas eleccións son como outras calquera, temos unha oportunidade da política laranxa”.

BEATRIZ PINO

Pola súa banda, a candidata de Ciudadanos á Presidencia da Xunta, Beatriz Pino, asegurou que “falta moi pouquiño para o cambio en Galicia”, que pasaría por que a formación laranxa forme parte do goberno galego, e ofreceu a “savia nova” que representa a súa formación política para formar executivo (co PP, algo que non concretou explicitamente). “Díxenvolo moitas veces estes días pero repítovolo: necesitamos só un pequeno esforzo nesta semana que nos queda para conseguir un gran cambio para Galicia”, proclamou.

De feito, Beatriz Pino, que se presenta como a candidata da formación política que “non se conforma”, advertiu dos “delirios nacionalistas” en Galicia e as “amizades perigosas” do candidato socialista, Gonzalo Caballero, en referencia ás outras formacións de esquerdas –BNG e Galicia en Común-Anova Mareas– e ao bipartito da Xunta –previo a 2009– e avisou do “perigoso” que é linguaxe empregada polos nacionalistas.

Así, asegurou que, como consecuencia do nacionalismo, en Galicia mesmo o actual presidente da Xunta falou de “país” en referencia á Comunidade, unha expresión que lle afeou. “Sabedes o que vos digo? Eu amo á miña terra, Galicia, e ao meu país, España”, proclamou a candidata da formación laranxa na que é a súa cidade natal, Vigo, onde mantivo este ‘encontro cidadán’ no parque de Castrelos nun asollado mediodía de xullo.

Neste sentido, e tras dar as grazas aos numerosos membros da executiva nacional que participaron neste acto, entre eles Edmundo Bal, portavoz no Congreso, e Melisa Álvarez, a portavoz da dirección nacional da formación, que previamente estivera xunto a Pino nun acto en Pontevedra.

“Sabedes o que é nacer como partido político para loitar e ser muro de contención (do nacionalismo)”, agradeceu Beatriz Pino dirixíndose a eles, nun acto no que Inés Arrimadas a cualificou de “candidata revelación” no debate televisivo da CRTVG celebrado o pasado luns a sete bandas.

Así, Pino dixo que en Galicia “temos a mesma ameaza” nacionalista, cun PSdeG que “busca cada vez máis esas amizades”, censurou Beatriz Pino, quen sostivo que quere “un goberno mellor para Galicia” e cuxa “primeira foto” sexa a de “unha mesa pola reconstrución de Galicia” que lle dea “facilidades” ás familias.

“PRATOS ROTOS”

“O que non quero de ningún xeito é que a clase media volva ser a que pague os pratos rotos”, salientou a candidata da formación laranxa, quen lanzou propostas en materia de infraestruturas, como suprimir as peaxes da AP-9, en materia de familia, entre outras.

Beatriz Pino salientou que “temos que conseguir coller ánimo”. “Non vou fallar a ningún galego, nin á miña familia nin a Galicia”, exclamou nun acto no que saudou ao seu tío, o ciclista Álvaro Pino, para exemplificar que na súa familia coñecen ben o que é “subir” montañas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...