InicioSucesosPillan unha condutora sen permiso de conducir e coa ITV caducada en...

Pillan unha condutora sen permiso de conducir e coa ITV caducada en Vigo

Os policías tamén deron o alto a outra muller que presentaba síntomas de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller de 24 anos domiciliada en Vigo, S.C.V., foi denunciada nesta cidade por conducir sen dispor do permiso correspondente nun vehículo que carecía de seguro e cuxa Inspección Técnica de Vehículos (ITV) caducara.

Fontes policiais precisaron que os feitos tiveron lugar este venres sobre as 1,21 horas da madrugada, cando unha patrulla que realizaba labores de control de tráfico deu o alto a un turismo na confluencia das rúas Travesía de Vigo e Genaro de la Fuente.

Tras realizar un coteXo telemático dos datos da condutora, comprobouse que non dispuña do permiso correspondente, xa que o perdeu debido a unha sanción grave.

Ademais, os axentes descubriron que o seu vehículo carecía do seguro obrigatorio e a ITV en vigor, polo que foi inmobilizado e trasladado ao depósito municipal. Así mesmo, instruíron dilixencias pola suposta comisión dun delito contra a seguridade viaria por parte da muller debido a que non dispuña do permiso de condución.

Noutra orde de cousas, ao redor das 3,52 horas deste venres, policías que realizaban labores de control de tráfico na rúa Colón deron o alto a outro turismo. Ao entrevistarse coa condutora, unha muller viguesa de 29 anos, C.F.R., observaron que presentaba síntomas de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas.

Así, someteuse a esta muller ás probas correspondentes, que arroxaron resultados de 0,82 e 0,84 miligramos por litro de alcol en aire expirado. Dado que estes excedían o límite penal establecido, denunciouse á condutora.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...