InicioCulturaLectura ao aire libre para reivindicar que "non fai falta túnel" para...

Lectura ao aire libre para reivindicar que “non fai falta túnel” para gozar da rúa

A rúa Elduayen acolleu este luns unha "quedada reivindicativa" en favor da peonalización.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de persoas sentaron a ler no medio da rúa Elduayen ao solpor da tarde deste luns. A iniciativa xurdiu da man da Asociación Vigo Histórico e tratábase dunha “quedada reivindicativa” para demostrar que “non fai falta un túnel para peonalizar a rúa”.  Lonxe de atascos e vehículos que contaminen, a aposta deste grupo pasa por implantar unha peonalización gradual, mantendo o transporte público excepto nas fins de semana e festivos como paso previo á peonalización total.

Libro en man, estas cantas persoas congregáronse ao longo da rúa Elduayen gardando todas as medidas de seguridade: a máscara, os dous metros de distancia e a concepción do momento da lectura como acto individual.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...