InicioSociedadeCrecente, outro concello do rural que segue marxinado sen pediatra

Crecente, outro concello do rural que segue marxinado sen pediatra

"Non se pide outra cousa máis que a volta á normalidade e que o servizo se siga prestando como ata o de agora" declara o concelleiro do BNG, Benigno López.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os e as veciñas do Concello de Crecente reclaman o retorno do pediatra ao Centro de Saúde da localidade. Para iso organizaron unha reunión este xoves ás oito da tarde para decidir que accións levarán adiante de cara á restitución do servizo de pediatría. Dito servizo foi retirado logo da declaración de estado de alarma.

“Recolléronse sinaturas para un escrito onde solicitamos a volta do servizo de pediatría” di o concelleiro Benigno López. Xunto a ese escrito “presentamos unha reclamación no Centro de Saúde dirixida á Xunta” coa intención de reclamar a volta do pediatra. Segundo transmitiu a alcaldía, Sanidade devolverá a atención médica para nenos e nenas despois do verán.

“Non se pide outra cousa máis que a volta á normalidade e que o servizo se siga prestando como ata o de agora” apunta López. O servizo de pediatría só se aplicaba os martes e xoves de doce a dúas neste concello da Paradanta.

Descoñécense as motivacións polas que se retirou o servizo de pediatría, aínda así “entendo que é cuestión de redución de persoal”, declara López. A veciñanza non está moi certa de que a resposta sexa positiva por parte das autoridades sanitarias.

En relación con este tema, tamén este xoves celebrouse un pleno do concello pola mañá, onde se aprobou unha moción con catro enmendas, para que a Xunta repoña tanto o servizo de pediatría como cubrir as prazas que queden libres. “Se isto non se soluciona antes de que se constitúa o Parlamento, levaremos as nosas queixas á Camara”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...