InicioEconomíaO Porto de Vigo condiciona a apertura da Lonxa durante os sábados...

O Porto de Vigo condiciona a apertura da Lonxa durante os sábados a que se rexistre a suficiente demanda

A proposta foi trasladada por parte de responsables dos mercados da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, condicionou a posibilidade de abrir da Lonxa durante os sábados a que se rexistre a suficiente demanda.

Segundo trasladou o Porto, esta proposta foi trasladada por parte de responsables dos mercados da cidade este luns no marco dun encontro.

Neste contexto, López Veiga comprometeuse a estudar a petición, pero incidiu na necesidade de que se rexistre a demanda suficiente para autorizala.

En concreto, ademais do presidente do Porto, participaron no encontro, celebrado en Vigo, a presidenta do Mercado de Cabral, Marta Fernández; e os xerentes dos de Teis, Roberto Giráldez; As Travesas, Delmiro Hermida; e O Calvario, Miguel Misa, que estiveron acompañados polo portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, AlfonsoMarnotes.

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...