InicioMedio Ambiente e PatrimonioEcoloxistas denuncian a Vox por "contaminación ambiental e animal" tras colocar miles...

Ecoloxistas denuncian a Vox por “contaminación ambiental e animal” tras colocar miles de globos de plástico por Galicia

A formación repartiu por numerosas localidades de Galicia globos co lema 'Galicia é verde', coincidindo coa presenza do seu presidente, Santiago Abascal, nun acto de partido en Mos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Franz Weber interporá denuncias administrativas contra Vox por “contaminación ambiental e animal”, tras a colocación este xoves de miles de globos de cor verde en diferentes localizacións de Galicia “sen permiso ningún”.

En concreto, a formación repartiu por numerosas localidades de Galicia globos co lema ‘Galicia é verde’, coincidindo coa presenza do seu presidente, Santiago Abascal, nun acto de partido en Mos para presentar as candidaturas ás eleccións galegas do 12 de xullo.

Así, este venres o colectivo ecoloxista Fundación Franz Weber avanza que denunciarán a Vox ante a Xunta e ante a Delegación do Goberno en Galicia por carecer de “permiso ningún” e posibilitar “unha nociva contaminación do medio natural”.

Esta ONG subliña que municipios como A Coruña dispoñen de ordenanzas que prohiben a colocación de elementos publicitarios sen permiso e que o propio Concello cualificou o acto como “vandalismo”, ao que suma o “terrible impacto que o seu principal compoñente, o plástico, ten sobre os animais, en especial a fauna mariña”.

UNHA “FALSA” DEFENSA DO SECTOR PRIMARIO

Ademais, a Fundación Franz Weber cualifica de “falsa” a defensa que pretendeu facer Vox do sector primario mentres “sementa o mar de centos de elementos de plástico que poden ser inxeridos accidentalmente por animais mariños e por aves, provocando a súa morte por asfixia ou intoxicación”.

“O analfabetismo ambiental de Vox é sorprendente, os seus cerebros aínda non conseguen entender que minguar a biodiversidade é derrubar o noso único seguro de vida neste planeta”, manifesta o director deste colectivo, Leonardo Anselmi.

“Cando falan de ‘Galicia é verde’ en realidade refírense a proposicións como as presentadas no Congreso para fomentar a retransmisión de corridas de touros no circuíto de RTVE, a reclamar subvencións para o ‘lobby’ taurino empregando a pandemia como escusa ou a defender que a caza fora unha actividade esencial equiparable á apertura de farmacias ou tendas de comestibles”, sentencia o ecoloxista.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...