InicioSucesosDetida unha muller por un incendio que obrigou a desaloxar un inmoble...

Detida unha muller por un incendio que obrigou a desaloxar un inmoble en Vigo

Unha muller foi detida en relación co incendio declarado pouco antes das 7,00 horas deste xoves nunha bufarda; un lume que obrigou a desaloxar ao resto de veciños do edificio "por precaución".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller foi detida en relación co incendio declarado pouco antes das 7,00 horas deste xoves nunha bufarda; un lume que obrigou a desaloxar ao resto de veciños do edificio “por precaución”.

Así o comunicaron fontes da Policía Nacional, que informaron de que o caso está en fase de investigación e a detida atópase “ingresada e pendente de valoración psiquiátrica”.

Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá deste xoves na rúa Elduayen, concretamente no número 26. Até alí desprazáronse dotacións dos parques de Bombeiros de Balaídos e de Teis.

En concreto, as chamas producíronse nunha bufarda antiga, na que os veciños depositan diversos aveños e mobles. “Por precaución”, todos os veciños foron desaloxados e non puideron regresar as súas vivendas durante unhas dúas horas.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...