InicioSociedadePSOE de Vigo sinala a praga de pulgas do Cunqueiro como algo...

PSOE de Vigo sinala a praga de pulgas do Cunqueiro como algo que pasa “no terceiro mundo”

O Sergas confirmou que, o pasado fin de semana, foi necesario trasladar a unha trintena de pacientes que se atopaban na zona de Traumatoloxía e Cirurxía Plástica da 'vela' 2B do hospital, debido a que se detectaron pulgas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A agrupación socialista de Vigo esixiu este mércores “explicacións” á Xunta de Galicia e ao presidente Feijóo pola “praga de pulgas” detectada no Hospital Álvaro Cunqueiro, algo “especialmente grave”, ao seu xuízo, na actual situación de emerxencia sanitaria pola pandemia de coronavirus.

Así o manifestou, nunhas declaracións remitidas aos medios, o secretario xeral da agrupación socialista viguesa, Abel Losada, quen tachou de “inaudita en calquera momento, en calquera país europeo” a aparición deses insectos nun centro hospitalario.

Ademais, Losada sinalou que, hai uns días, o presidente da Xunta pediu empregar os fondos que o Goberno liberará para Educación e Sanidade “noutras políticas” e, tras o coñecido no hospital vigués, “dá a sensación de que a sanidade pública galega necesita imperiosamente os fondos”.

Feijóo non pode trasladar a idea de que as necesidades de Sanidade e Educación están cubertas, e que no mesmo momento estea a desaloxarse un hospital por unha praga de pulgas”, incidiu o secretario xeral dos socialistas de Vigo, quen subliñou que o sucedido no Álvaro Cunqueiro “é algo que non ocorre, fóra de zonas do terceiro mundo”.

O Sergas confirmou que, o pasado fin de semana, foi necesario trasladar a unha trintena de pacientes que se atopaban na zona de Traumatoloxía e Cirurxía Plástica da ‘vela’ 2B do hospital, debido a que se detectaron pulgas.

Os pacientes foron cambiados á ‘vela’ 2A, que xa estaba liberada en previsión de que fose necesaria para pacientes con COVID, e a zona afectada xa se atopa libre de pulgas tras unha desinsectación.

Fontes sanitarias confirmaron que os pacientes que foron trasladados xa non regresaron á ‘vela’ 2B para aforrarlles as molestias dun novo cambio, e precisaron que a aparición de pulgas é unha situación allea ao funcionamento interno do hospital.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...