InicioEconomíaMarea de Vigo tacha de "chapuza de libro" a prórroga da concesión...

Marea de Vigo tacha de “chapuza de libro” a prórroga da concesión do bus a Vitrasa

Non descarta acudir á "vía xudicial" se se constata que esa prórroga vulnera a norma e vai en contra do interese xeral dos cidadáns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo cualificou este martes como unha “chapuza de libro” a decisión do goberno de Abel Caballero de prorrogar durante 5 anos a concesión do servizo de bus urbano, que presta a empresa Vitrasa (do grupo Avanza), e advertiu de que non descarta acudir á “vía xudicial” se se constata que esa prórroga vulnera a norma e vai en contra do interese xeral dos cidadáns.

Nunha rolda de prensa, o portavoz do grupo, Rubén Pérez, avanzou que Marea “está a avaliar a seguridade xurídica” desa decisión, que supón unha marcha atrás con respecto a un acordo de goberno adoptado a finais de 2018 (a denuncia do contrato para evitar a prórroga, xustificada polo propio alcalde para redactar un novo prego e ter un transporte acorde aos novos tempos, xa que o actual contrato data de 1.994).

Desde o punto de vista político, o portavoz de Marea sinalou que, tras coñecerse esa decisión, quedou de manifesto que “aquí quen manda no transporte é Vitrasa, non o alcalde, que está cativo de determinadas decisións”, como a ampliación de liñas, a renovación de frota ou a implantación do cartón PassVigo.

Segundo lembrou, o principal condicionante do contrato con Vitrasa é a amortización pendente de 13 millóns de euros por certos investimentos en medios e terreos, e sinalou que é “perfectamente asumible” para un concello como o de Vigo, facer esa amortización e “quedar coa frota e as instalacións”.

Dese modo, e co mesmo argumento utilizado para decidir a prórroga (a situación de crise xerada pola pandemia de COVID), poderíase ter un transporte municipal xestionado integramente desde o público. “Teriamos unha empresa cento por cento pública, sería perfectamente asumible, con cargo a remanentes ou superávit”, incidiu Rubén Pérez.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...