InicioSen categorizarPortugal pedirá explicacións a España polo anuncio unilateral da apertura da fronteira...

Portugal pedirá explicacións a España polo anuncio unilateral da apertura da fronteira lusa

Portugal mantiña dende o pasado 22 de maio negociacións co Goberno de España para a apertura de “corredores turísticos” que permitisen o tránsito “sen pernocta” dos nacionais lusos residentes en Francia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ministro dos Negocios Estranxeiros portugués manifestouse este xoves sorprendido co anuncio feito pola ministra de Turismo de España dunha reabertura da fronteira común o próximo 22 de Xuño e subliñou que quen decide sobre a reabertura da fronteira portuguesa “é naturalmente Portugal”.

“Fomos sorprendidos con estas declaracións da ministra responsábel polo Turismo [de España], que “anuncia” a reabertura da fronteira entre Portugal e España para o próximo día 22 de Xuño”, manifestou públicamente Augusto Santos Silva, afirmando que o anuncio “non se inscribe” no cadro de “cooperación estreita” entre os dous Gobernos para a xestión da fronteira común.

“Quen decide sobre a abertura da fronteira portuguesa é naturalmente Portugal e Portugal quere facelo en coordinación estreita co único Estado co cal ten unha fronteira terrestre, España”, engadiu, precisando que xa epediron “esclarecementos ao Goberno de España”.

O ministro de Negocios Estranxeiros de Portugal mantiña dende o pasado 22 de maio, negociacións co Goberno de España para a apertura de “corredores turísticos” que permitisen o tránsito “sen pernocta” dos nacionais lusos residentes en Francia.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...