InicioSociedadeEnquisa | Tes constancia da chegada de persoas doutras comunidades a Galicia?

Enquisa | Tes constancia da chegada de persoas doutras comunidades a Galicia?

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Goberno, o socialista Pedro Sánchez, prometeu interesarse pola denuncia do BNG acerca de desprazamentos de , nomeadamente madrileños, á costa galega a pesar das restricións do Decreto de Alarma, que prohibe os movementos entre comunidades. “Vou enterarme exactamente –dixo–. Debemos ter a máxima preocupación“.

No debate parlamentario da sexta e última prórroga do estado de alarma, o deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego, volveu a reprochar ao Goberno que non pechase as fronteiras da Comunidade de Madrid nesta crise do coronavirus.

Segundo explicou Rego, alcaldes galegos están a denunciar “a presenza masiva de foráneos” nas súas praias, que ao seu xuízo “maioritariamente proceden de territorios na fase un, como Madrid”, co consecuente “risco sanitario” de contaxio desa “mobilidade irregular”. E todo iso mentres os galegos aínda non poden moverse entre provincias.

Na súa réplica, o presidente do Goberno dixo descoñecer tales “fluxos de mobilidade”, pero considérao “importante” porque Galicia e Madrid están en distintas fases de desescalada e é necesario ter “a máxima precaución” fronte ao Covid 19. “Verei se está a ocorrer ou non –prometeu ao deputado–. Falarei co ministro do Interior”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...