InicioEconomíaCs Galicia pide a apertura da fronteira entre Goian e Vilanova da...

Cs Galicia pide a apertura da fronteira entre Goian e Vilanova da Cerveira

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz de Ciudadanos en Galicia, Beatriz Pino, asegurou que é “de vital importancia” para os traballadores transfronteirizos que se abra a fronteira entre a localidade galega de Goian e a portuguesa de Vilanova.

Así o asegurou este martes a candidata de Cs á Presidencia da Xunta de Galicia nun comunicado remitido aos medios tras manter unha reunión telemática con representantes da Asociación Conrazones. A candidata da formación laranxa fíxose eco das queixas deste colectivo que critica que a ponte internacional de Tui sexa o único paso aberto cara a Portugal na provincia de Pontevedra.

En concreto, segundo indicou Cs, aseguran que cada vez son máis as familias que acoden á súa asociación en busca de comida ao non poder asumir o custo de ter que facer máis de 50 quilómetros para acudir ao traballo.

A formación asegurou que desde o colectivo trasladáronlles que, como non abran “pronto” a ponte, haberá moitas máis persoas que terán que recorrer a organizacións solidarias para a procura de alimentos. “Só piden que reabran esta fronteira cos mesmos controis e, se é necesario, por franxas nas horas que se producen a maioría dos desprazamentos laborais”. “Non é para ir á praia. Só queren ir traballar”, subliña.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...