InicioEconomíaO Goberno galego prorroga ata final de ano a axuda ao aluguer...

O Goberno galego prorroga ata final de ano a axuda ao aluguer a afectados pola explosión de Paramos

A Xunta dá luz verde a continuar axudando economicamente as nove familias que aínda están pendentes de regresar ás súas casas en construción ou rehabilitación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno galego aprobou a prórroga ata finais deste ano 2020 a axuda autonómica para o pago do aluguer das familias que aínda permenecen desprazadas tras verse afectadas pola explosión dunha pirotecnia en maio de 2018 na parroquia de Paramos, en Tui.

Así, a Xunta que deu luz verde a continuar axudando economicamente as nove familias que aínda están pendentes de regresar ás súas casas en construción ou rehabilitación.

En total, a ampliación desta cobertura económica suporá un desembolso de 23.500 euros para estas familias, que se viron afectadas pola demora no inicio das obras –ante a afectación da zona por amianto ou as limitacións de acceso á área da explosión– e a interrupción dos traballos pola pandemia.

Os beneficiarios continuarán percibindo ata finais de ano axuda económicas de entre 300 e 450 euros para o pago do aluguer.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...