InicioSociedadeCase doce mil novas unidades de protección irán destinadas a municipios da...

Case doce mil novas unidades de protección irán destinadas a municipios da área de Vigo

En concreto, desde o comezo da propagación da COVID-19, repartíronse 117.580 pares de luvas, 83.294 máscaras e 2.868 traxes antisalpicaduras e batas, así como 237 pantallas de protección e diversos produtos de desinfección.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta entregou 11.837 novas unidades de protección destinadas a servizos municipais dos concellos da área de Vigo esta semana.

Segundo precisou o Goberno galego nun comunicado, repartíronse 3.000 pares de luvas, 5.600 máscaras, 184 traxes e batas de protección e 53 pantallas faciais.

Deste xeito, sumáronse 263.742 unidades de protección entregadas a municipios da área de Vigo desde o inicio da pandemia, unha actuación realizada de acordo con criterios acordados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así, 11.548 unidades do total destináronse á cidade olívica.

En concreto, desde o comezo da propagación da COVID-19, repartíronse 117.580 pares de luvas, 83.294 máscaras e 2.868 traxes antisalpicaduras e batas, así como 237 pantallas de protección e diversos produtos de desinfección.

Así mesmo, esta semana entregouse unha nova partida de material de protección composta por 33.100 luvas, 29.275 máscaras e 4.743 traxes antisalpicaduras e batas destinados a máis dun centenar de centros sociais de discapacidade, igualdade, maiores, menores e mocidade da zona. Tamén se entregaron 6.912 unidades de pantallas de protección, gorros, calzas e distintos produtos de desinfección e limpeza aos mesmos.

Así, súmanse 511.805 unidades repartidas entre centros da área, en concreto, 255.310 luvas, 26.803 máscaras e 19.692 traxes antisalpicaduras e batas, así como 49.556 unidades de produtos de desinfección e limpeza.

ÚLTIMAS

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro...

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...