InicioSociedadeHospitais vigueses homenaxean os seus profesionais de enfermaría

Hospitais vigueses homenaxean os seus profesionais de enfermaría

Foi con motivo do Día Internacional da Enfermaría.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varios hospitais vigueses renderon homenaxe, con motivo do Día Internacional da Enfermaría, aos profesionais deste colectivo, con actos de recoñecemento en centros como o Hospital Álvaro Cunqueiro, o Hospital Povisa e o Hospital Vithas Fátima.

No caso da rede do Sergas, a área sanitaria conmemorou a efeméride sumándose ao acto organizado pola Asociación de Doantes de Órganos e Transplantes de Vigo (ADROVI), que rendeu homenaxe aos enfermeiros e enfermeiras co lema ‘O coidar dun é amor, o coidar de todos é Enfermaría’.

Mentres, no hospital Povisa, do grupo Ribera Salud, tamén houbo unha homenaxe ao persoal de enfermaría cun vídeo no que agradeceron a súa profesionalidade, e no que subliñaron: “A vosa valentía e agarimo cos pacientes son todo un exemplo”.

O vídeo fala da “vocación, capacidade de sacrificio e entrega” destes traballadores, así como da “conexión” que establecen cos pacientes, especialmente en momentos como o desta crise sanitaria, nos que os enfermos están necesariamente apartados das súas familias.

A asociación ADROVI tamén participou no recoñecemento que se fixo no Hospital Vithas, no que se fixo fincapé no labor “fundamental” destes profesionais. O persoal de Enfermaría deste hospital gravou un vídeo con testemuños sobre o que significa para eles o seu traballo, aos que se sumaron outros dous vídeos, neste caso do grupo vigués Cómplices e do valenciano Directo Estudio, para expresar o seu apoio a este colectivo.

Pola súa banda, o presidente de ADROVI, Celso García, leu un manifesto no que lembrou que estes profesionais “escoitan o primeiro pranto dos bebés recentemente nados e son testemuñas do último alento dos moribundos”. “Están presentes nalgúns dos momentos máis prezados da vida, do mesmo xeito que nalgún dos máis tráxicos”, sinalou.

ÚLTIMAS

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Detidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma branca

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como suposto...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...