InicioSociedadeA Xunta non se fai responsable do que lles pase aos profesores...

A Xunta non se fai responsable do que lles pase aos profesores e alumnado na apertura dos centros de ensino

Denuncian que seguen sendo os directores dos centros, sen criterio médico, os que tomen as decisións en materia de planificación preventiva.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG presentou alegacións ao protocolo da Xunta para a reincorporación do persoal público aos postos de traballo, así como a apertura dos centros de ensino, entre outros edificios adminsitrativos. O sindicato frontista entende que “de continuar por ese camiño o caos e o risco extremo serán a tónica dominante nestes días” sinalan no comunicado.

Critican que o borrador céntrese nas dependencias administrativas, excluído das directrices os ámbitos sanitario, sociosanitario e educativo.

O goberno autonómico ten previsto que os menores de 6 anos, entre outros, poidan volver ás clases o próximo 25 de maio.

Non temos instruccións ningunha por parte da Xunta para abrir o cole. Estamos agardando a que a Consellería de Educación indiquen que debemos facer. Non sabemos si temos que abrir, si vamos poder acoller a todos os nenos, non sabemos que protocolos de seguridade debemos adoptar fronte as limitacións de espazo que xa temos. Non sabemos nada de nada. De momento só temos instruccións para o inicio das matrículas para o curso 20/21 nada máis” sinala a directora dun centro público de educación infantil da área de Vigo.

O sindicato denuncia que a Xunta pretende substituír a avaliación de riscos laborais por ameaza biolóxica e o planeamento preventivo feito por persoal técnico cualificado en cada centro de traballo “por catro medidas xerais, algunhas delas transposicións das sinaladas polo Goberno central” que deberá aplicar o director ou directora dos centros, sen ningún criterio médico. “Están substituíndo o proceso técnico de planificación preventiva e non hai mecanismo de control para detectar erros no caso de fallar por non ter a capacidade ou medios” apuntan.

As medidas cargan a responsabilidade na persoa e non na empresa, que é a responsábel legal.

Este protocolo carga a responsabilidade da protección na persoa traballadora e non na empresa (Xunta), que é a responsábel legal, o que constitúe unha unha deixadez de funcións que pon en grave risco ao persoal” polo que entenden que a Xunta obvia a responsabilidade social que supón a apertura de edificios administrativos e o movemento de milleiros de persoas traballadoras, “poñendo en risco a integridade do persoal e da sociedade galega”.

Unhas medidas “ineficaces e ridículas”

Segundo detallan dende a central sindical, o borrador contén algunhas medidas “ridículas e de demostrada ineficacia” como medirse a febre antes de saír da casa ou un criterio de dous metros lineais de persoa a persoa no posto de traballo.

“Óbviase a realidade de moitos centros, como a falla de ventilación, o número de metros cadrados de espazo compartido, un plan de limpeza e desinfección profesional adaptado a cada centro ou a regulación do fluxo de persoas”.

Na mesma liña entenden que a volta do persoal aos centros de ensino “de xeito improvisado e sen seguridade é unha aberración e pon en risco ao persoal empregado publico”.

En definitiva, para a central trátase dun “documento chapuceiro” que non vale para programar unha desescalada “e moito menos substitúe as medidas preventivas dentro dunha avaliación de riscos laborais”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...