InicioSociedadeOs areais de Vigo abrirán este sábado para que os veciños...

Os areais de Vigo abrirán este sábado para que os veciños máis próximos poidan pasear

O Consistorio peonaliza rúas os días festivos para ampliar o espazo dos peóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo abre este sábado, día 2 de maio, os areais da cidade para que a xente que vive nun espazo de menos dun quilómetro deles poida pasear por estas zonas. “Só pasear, non se pode utilizar nin para estar tombados nin para o baño se viñese o bo tempo”, subliñou o alcalde, Abel Caballero, nunhas declaracións difundidas aos medios.

Na súa intervención, chamou aos veciños a respectar o sistema de franxas que entra en vigor este sábado. “Segue sendo un paseo nun quilómetro á redonda do domicilio”, incidiu.

Ademais, destacou o “bo funcionamento”, comprobado este venres, do sistema de peonalización de rúas durante os días festivos e os domingos. Os coches que tiveron que circular polas zonas peonalizadas para entrar nos aparcadoiros fixérono á velocidade ordenada, 10 quilómetros por hora”, sinalou.

O rexedor explicou que, aínda que debido ao mal tempo non saíu moita xente á rúa, o Consistorio comprobou que “o sistema funciona moi ben” e que as rúas están dispoñibles. “Pódese utilizar como un bo sistema de funcionamento”, manifestou.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...