InicioSociedadeMorre unha das dúas persoas que fora trasladada á residencia da Xunta...

Morre unha das dúas persoas que fora trasladada á residencia da Xunta en Panxón

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller nonaxenaria foi a primeira vítima mortal polo coronavirus ingresada na Residencia de Tempo Libre que a Xunta ten en Panxón-Nigrán, a onde foran trasladadas, a primeiros de mes, 22 persoas das residencias de DomusVi en Aldán (Cangas) e Barreiro (Vigo), que deran, en principio, resultado negativo nas probas da covid19.

Así o confirma a Federación Galega de Familiares REDE, que apunta que o feito produciuse esta semana e “pasou totalmente desapercibido nos listados confusos e tramposos que as consellerías de Política Social e de Sanidade fabrican cada día”. Un sistema de reconto que esta entidade denuncia por “burdo e opaco”.

O Albergue de Patos fora ideado como solución de emerxencia para separar ás persoas usuarias dos centros DomusVi Aldán e DomusVi Barreiro que deran negativo e positivo nas probas da covid19. Familiares xa denunciaran que as instalación de Patos non estaban nin están preparadas para acondicionar persoas maiores dependentes por carecer de baño xeriátrico e grúas para a procura da mobilidade.

Residencia de patos Corina Porro recibe a un anciano de Barreiro © Miguel Nuñez

TRASLADO MEDIATICO A PATOS

Neses primeiros días foron trasladadas a Patos 22 persoas que, supostamente, deran negativa nos tres tes realizados con anterioridade, segundo apuntou a Xunta. Alí foron recibidos pola delegada da Xunta de Galicia na área territorial de Vigo, Corina Porro. Un feito que foi moi criticada polas familias das residentes que lembran que “é amiga íntima de Josefina Fernández Miguélez, conselleira delegada de DomusVi España, e peza chave da traxectoria empresarial da leonesa”.

A raíz deses dous positivos, ASFAREBA puxo en dúbida que as probas previas realizadas e Barreiro fosen realizadas con rigor ou que no seu procesamento houbesen as garantías suficientes. Paulino Campos, o presidente de ASFAREBA, sostén que “este é un mal soño onde perden sempre os mesmos, puxados polo virus, pola empresa multimillonaria DomusVi e pola administración, que, por riba, xoga a prol dos irresponsables que deixaron pasar o virus ás residencias”.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...