InicioSociedadeO consello de estudantes da UVigo avoga por que os exames se...

O consello de estudantes da UVigo avoga por que os exames se substitúan pola entrega de traballos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Estudantes da Universidade de Vigo (Ceuvi) reclamou que a avaliación deste curso se axuste á excepcionalidade actual e avogou por que a realización de exames se substitúa pola entrega de traballos e proxectos.

Así o trasladará a organización este mércores no marco da sesión do Consello de Goberno, durante a que entregará unha proposta de cualificación excepcional para este curso adaptada aos requirimentos estatais e autonómicos, segundo avanzou a universidade nun comunicado.

O órgano estudantil mantivo varias reunións co reitor, Manuel Reigosa, e parte do seu equipo para trasladar as súas demandas. En concreto, esixiu “garantías de que a avaliación se adaptará á situación actual” e a suspensión da normativa de permanencia. Do mesmo xeito, o consello estudantil solicitou material e axuda para estudantes con dificultades para seguir o curso e incidiu na importancia de que “se produza unha comunicación unificada” por parte da universidade para evitar recibir “falsas noticias”.

Ante a situación actual, o presidente de Ceuvi, Daniel Couto, expuxo que se apliquen criterios de avaliación que faciliten a participación do estudante. Así, avogou por que os exames se substitúan por proxectos ou traballos co obxectivo de evitar que “un fallo de conexión ou a situación persoal” dun alumno poidan prexudicar a súa cualificación nunha materia. A ese respecto, Couto sinalou que esta proposta “tivo moi boa acollida” e foi incluída na guía da universidade.

REUNIÓN

Precisamente, este venres tivo lugar unha reunión de Ceuvi co reitor mediante a que se avaliaron as propostas da primeira e o traballo realizado, ademais de abordarse novas cuestións.

O presidente da organización estudantil sinalou que nalgúns centros observouse “un compromiso entre a dirección e o estudantado” que permitiu solucionar certos problemas, mentres que, noutros, a “desinformación” provocou que non se abordaron algunhas cuestións. Así, indicou que os principais problemas incumben a “a alta carga de traballo”, a como abordar as presentacións de Traballos de Final de Grao e Máster e á realización de prácticas en empresas ou relacionadas co ámbito biosanitario, entre outros.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...