InicioPolíticaUn comité de expertos asesorará o Concello de Vigo para afrontar a...

Un comité de expertos asesorará o Concello de Vigo para afrontar a ‘desescalada’

Estará formado por unhas 15 persoas, dos ámbitos da Medicina, a Enfermaría, a Ciencia e a Investigación (Universidade de Vigo) e do ámbito da administración (técnicos do Concello).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que convocará un comité asesor de expertos para afrontar o proceso de ‘desescalada’ e de reactivación da actividade no marco da pandemia por coronavirus.

Así, o rexedor vigués avanzou que ese comité asesor estará formado por unhas 15 persoas, dos ámbitos da Medicina, a Enfermaría, a Ciencia e a Investigación (Universidade de Vigo) e do ámbito da administración (técnicos do Concello). “Quero ter o meu propio consello asesor, que non vai ter rumbo político”, apuntou Caballero.

Nese sentido, o alcalde lembrou que se iniciou “unha etapa distinta” con medidas de alivio do confinamento, como a saída dos nenos, e “enseguida vaise empezar a desescalada”. Ata agora, engadiu, as medidas competían ás autoridades sanitarias pero, de agora en diante, os municipios tamén terán que tomar decisións e é nese ámbito no que o rexedor pretende contar co asesoramento de expertos.

Ese comité servirá para perfilar medidas de ‘desescalada’ como prazos, sectores económicos afectados, ou ritmo do desconfinamento. “Quero ese asesoramento, porque empezo a escoitar cousas que non están suficientemente reflexionadas, cousas que non comparto”, indicou, aínda que eludiu ser máis concreto para “non entrar en debates políticos”.

“Eu teño as miñas propias opinións e quero contrastalas con expertos, porque algunhas das que escoito, e non por parte do Goberno de España, non as comparto“, incidiu.

Por outra banda, e preguntado acerca de posibles medidas a partir do 2 de maio (como a reapertura de parques ou zonas verdes), cando estea permitida a saída para facer deporte de forma individual ou paseos en familia, Abel Caballero chamou á “cautela” e avogou por evitar accións que supoñan “un efecto chamada”.

O rexedor lembrou que “a etapa máis complexa na rúa vai ser a ‘desescalada'” e pediu aos veciños que sigan extremando as precaucións porque “o peor que pode pasar é ter que dar marcha atrás”. “Temos que ir dando pasos sen que haxa unha repunta (na epidemia). Non nos confiemos, o virus non se foi, segue aquí”, recalcou.

ÚLTIMAS

O policía de Vigo acusado de violar a unha moza borracha: “Díxome ‘teño 19’ e bicoume”

O axente da Policía Local de Vigo que foi denunciado por unha suposta agresión...

Alonso Montero: O intelectual que uniu beiras e memoria

O falecemento de Xesús Alonso Montero deixa un baleiro incalculable na cultura galega, pero...

Recuperan un cadáver flotando fronte ao Auditorio Mar de Vigo

Os servizos de emerxencias recuperaron este luns un cadáver que apareceu flotando fronte ao...

A Xunta dá luz verde a 2.000 vivendas protexidas no Ofimático de Vigo

O Goberno galego deu luz verde na súa reunión semanal ao proxecto de interese...