InicioVal MiñorBaionaUnha veciña de Baiona descobre que pasou o COVID19 un mes despois...

Unha veciña de Baiona descobre que pasou o COVID19 un mes despois do contaxio

PUBLICADO O

- Advertisement -

Así o explicou esta mañá aos micros da TVG Susana Otero, veciña de Sabarís que descubriu que tiña o virus un mes despois de terse contaxiado, pasando a enfermidade cunha sintomatoloxía leve.

“Máis ou menos sobre o 20 de marzo un compañeiro meu deu positivo. Eu chamei porque me doía a cabeza e tiña catarro. Sobre todo quería sabelo porque teño un fillo que é diabético. Cando chamei dixéranme que non, que tiña febre que non facía falta facer o test. Unha semana despois volvín a chamar para dicirlles que estaba preocupada. Insistiron en que non. Uns 25 días máis tarde contactei coa miñá médica de cabeceira. Ela mandoume facer a proba e dei positivo. Xa pasara case un mes desde o contaxio”.

“Durante ese mes eu mantiven a miña vida de traballo, mantendo precaucións. Tamén convivín coa miña familia con normalidade. A eles tamén lles doía un pouco a cabeza, pero nada máis. Tiveron que pasar o virus todos eles tamén”.

Ver video da entrevista completa na TVG aquí

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...