InicioSociedadeCaballero sobre a Xunta: "Nin se interesa de saber como van aquí...

Caballero sobre a Xunta: “Nin se interesa de saber como van aquí as cousas”

Abel Caballero volve acusar á Xunta de non manter unha canle de comunicación co goberno local

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que este xoves en xunta de goberno aprobarase un contrato de emerxencia para adquirir 4.000 máscaras con sistema de filtrado FFP2 que se repartirán entre policías e empregados de servizos sociais municipais.

Nunha rolda de prensa realizada por videoconferencia, o rexedor olívico, que anteriormente insistía na necesidade de que a compra deste material fose centralizada polo Goberno, explicou que os axentes xa dispoñen de máscaras na actualidade. Así, asegurou que estes produtos, cuxo custo ascenderá a 35.000 euros, recibiranse nun prazo de 24 horas tras a súa adquisición.

Por outra banda, Abel Caballero indicou que a Xunta confirmou ao goberno local que o primeiro envío de máscaras realizado á cidade cumpre as condicións precisas para ser repartido.

Dado que o goberno local sostivo que se atopan caducadas desde 2014 –á vez que o Executivo galego defende que cumpren as directrices do Ministerio de Sanidade— o rexedor indicou que os técnicos municipais avaliaranas antes de proceder á súa distribución, aínda que un primeiro informe dos mesmos desaconsellábao.

Deste xeito, o alcalde indicou que, se se confirma que estas máscaras poden repartirse, disporase dos equipos de protección individual (EPI) suficientes para pór en marcha o Seminario Maior San José como centro para infectados por coronavirus que non dispoñan dun domicilio no que illarse e non precisen ser ingresados.

CRÍTICAS Á XUNTA

Preguntado polos medios, volveu a lamentar a falta de comunicación por parte do Executivo galego co goberno local. “É momento de acordos e mans tendidas e non de críticas políticas, pero, se teño contacto diario co Goberno, resulta peculiar que non haxa contacto desde a Xunta, aínda que só sexa por preguntar como van aquí as cousas”, sinalou o rexedor.

Neste sentido, tras sinalar que existen “carencias” na atención á a cidade, insistiu en que seguirá con “a man tendida” porque, na súa opinión, “non hai barreiras” na súa relación coas institucións, independentemente do partido político que as goberne.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...