InicioSociedadeEnvía cartas para aledar aos maiores: "Moitos deles non teñen a ninguén"

Envía cartas para aledar aos maiores: “Moitos deles non teñen a ninguén”

Anima a enviar cartas, debuxos, vídeos ou aquilo que puidese animar aos máis maiores á dirección de correo unacartaunabrazo@gmail.com. "Ogallá se estenda a toda Galicia e non quede só na provincia de Pontevedra", augura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A viguesa Carmen Caíño, tivo a idea de xuntar cartas de xente anónima para enviarllas aos máis maiores das residencias da provincia de Pontevedra. É unha iniciativa para que os maiores non se sintan sós. Ela, traballa cos cans nos centros de terceira idade do DomusVi e asegura que “moitos deles non teñen a ninguén. A ver se entre todos lles facemos máis lixeira a soidade”.

Esta muller lamenta o “pouco persoal”, que hai nas residencias. Ademais, defende “de primeira man”, que as residencias están masificadas e non se pode atender a cada residente coma merece. “Pese a gran dedicación do equipo de coidadores”, recalca.

Nos centros, hai quen padece alzheimer ou enfermidades mentais, facéndoos totalmente dependentes dos coidados. “Estas residencias son moi duras para quen non ten a ninguén. A iniciativa busca distraelos e despexar a súa mente durante un tempo”, explica.

Pese ao intento de ter unha “tanxibilidade” nos envíos, “as consecuencias do COVID-19 oblíganos a que probablementa sexa en dixital“. “Intentarei que os servizos de correos boten unha man de xeito altruísta”, asegura.

Os envíos, serán na provincia de Pontevedra, onde hai un total de 70 residencias. “Enviamos ás residencias de Domus Vigo, á de Barreiro, Aldán. Pero, agora mesmo todas o precisan e enviarei a quen máis poida”, defende.

En canto á polémica que rodea a tódalas residencias de maiores en Galicia, Caíño lamenta “non saber realmente o que acontece dentro”. “Non se está a dicir a verdade e os que máis o sofren son os coidadores e residentes”, manifesta.

Con todo, anima a enviar cartas, debuxos, vídeos ou aquilo que puidese animar aos máis maiores á dirección de correo unacartaunabrazo@gmail.com. “Ogallá se estenda a toda Galicia e non quede só na provincia de Pontevedra”, augura.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...