InicioSociedadeA CIG responsabiliza ao PSOE de que traballar ou cobrar pensións non...

A CIG responsabiliza ao PSOE de que traballar ou cobrar pensións non garanta condicións de vida dignas

Paulo Carril, máximo dirixente da CIG, califica o último goberno do PP como "ditadura".

PUBLICADO O

- Advertisement -
Paulo Carril, máximo responsable da CIG, atacou a diferentes partidos e sindicatos, como son PP, PSOE, UGT ou CC.OO, durante a asemblea celebrada este mércores en Vigo para abordar a suspensión da folga xeral prevista para o 19 de xuño e a convocatoria dunha xornada nacional de mobilizacións nesa mesma data.

Nesta cita, Cargil cargou contra o Goberno do PP, “responsábel de aplicar e afondar nestas reformas antisociais e antiobreiras”, pero tamén contra o PSOE. Quixo deixar claro que na CIG saben “quen” é o PSOE: “unha organización responsable de que nos atopemos nunha situación na que ter un traballo ou cobrar unha pensión non garante ter unha condicións de vida dignas” e acusou os seus dirixentes de seren “promotores e cómplices das novas formas de explotación que trouxeron as sucesivas reformas laborais“.

Apostou ademais por pasar á acción: “Temos que pasar á ofensiva e seguir a demostrar a capacidade que temos de loitar pola recuperación e a conquista dos nosos dereitos”.
Asamblea da CIG / CIG
Tamén atacou a CCOO e UGT, das que dixo que “agora é fácil saír á rúa como din que van facer o día 16, pero hai que preguntarse por que non o fixeron durante a ditadura do PP, axudando a cronificar esta situación que agora padecemos“. En canto ás centrais autodenominadas alternativas, sinalou que “está claro que se atopan totalmente desconectadas da realidade laboral”.
A respecto da decisión de suspender a folga xeral do 19 de xuño, Carril comentou que “se produciu un cambio substancial que non podemos obviar, e coa nova correlación de forzas non vai haber xustificación para que non se avance na derrogación das reformas, polo que non apelamos unicamente ao PSOE”.
Así, adiantou que no caso de que non exista un calendario real neste sentido a CIG retomará a convocatoria de folga xeral e expresou a necesidade de que “forcemos estes cambios” mediante a protesta e a contestación social, “porque do contrario volverá a frustración”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...