InicioPolíticaO alcalde de Vigo esixe equipos de protección á Xunta para pór...

O alcalde de Vigo esixe equipos de protección á Xunta para pór en marcha un centro para infectados

Critica que non se incluíse a cidade no primeiro envío de máscaras realizado polo Executivo galego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou á Xunta equipos de protección individual (EPI) que permitan pór en funcionamento o centro de illamento para infectados por coronavirus habilitado no Seminario Maior San José.

Caballero sinalou que, tras a cesión da utilización do espazo por parte da Diocese Tui-Vigo, o Concello investiu 60.000 euros en adecuar 16 habitacións para acoller persoas contaxiadas que non precisen ser ingresadas e non dispoñan dun domicilio no que illarse.

Con todo, Caballero lamentou que a dotación de equipos de protección non fose remitida polo Goberno galego, o que, segundo sinalou o rexedor, impide pór en marcha este centro.

Por outra banda, criticou que non se incluíse a cidade no primeiro envío de máscaras realizado polo Executivo galego, no que este deu prioridade aos municipios de menor tamaño, segundo explicou, por recomendación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Respecto ao primeiro envío deste material realizado á cidade, o alcalde volveu esixir que o Goberno galego certifique que se pode utilizar xa que, segundo reiterou, está caducado, aínda que a Xunta afirmou que cumpre a normativa do Ministerio de Sanidade. Ademais, en relación á segunda distribución de máscaras, o rexedor incidiu en que estas foron adquiridas por Inditex e Caamaño Asia.

RESPOSTA DA XUNTA

Sobre este punto, o Executivo galego volveu a asegurar que, tal e como trasladou con anterioridade, as máscaras distribuídas atópanse homologadas e “en perfectas condicións para ser usadas”. Tamén lembrou que esta institución distribuíu material de protección “ao 100 por cen dos concellos da área viguesa”, así como á urbe olívica, á que se entregaron 68.569 unidades de protección.

Adicionalmente, a Xunta insistiu en que a crise sanitaria “require lealdade institucional”, polo que instou ao goberno local de Vigo a “devolver” o material “no caso de que non o vaia a utilizar” dado que, segundo afirmou, “hai concellos que mostraron interese en recibilo”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...