InicioEconomíaPeinador reorganiza a súa operativa e atenderá voos a demanda

Peinador reorganiza a súa operativa e atenderá voos a demanda

Será baixo petición previa das compañías aéreas con tres horas de antelación, segundo informa Aena.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aeroporto de Vigo, xunto co da Coruña, comezará este mércores a operar a demanda dentro do seu horario operativo habitual, baixo petición previa das compañías aéreas con tres horas de antelación, segundo informa Aena.

“A actividade dos voos de carácter esencial está garantida nas mesmas condicións que se viñan realizando ata agora”, apuntan desde Aena.

Respecto diso, afirma que está a axustar a capacidade dos seus aeroportos ás necesidades concretas da operativa para adecuarse ás medidas tomadas polo Goberno.

“E para manter a actividade dos voos de carga destinados ao abastecemento da poboación e ás actividades esenciais, os cargueiros que transportan a mercadoría sanitaria e outros voos de emerxencias, da Organización Nacional de Transplantes, Forzas e Corpos de Seguridade ou outros comerciais que se axusten ao establecido polos diversos reais decretos”.

Aena precisa tamén que a reorganización das instalacións está a facerse de forma gradual e en coordinación coa Axencia Estatal de Seguridade Aérea (Aesa) e a aprobación da Dirección Xeral de Aviación Civil para unha xestión “máis eficiente”.

Por outra banda, indica que o persoal de Aena, o provedor de servizos de navegación aérea e as empresas subcontratadas para os servizos que fan viable a operatividade dos aeroportos, realizarán diariamente aqueles traballos necesarios para que a instalación se atope en condicións de apertura no momento que sexa solicitado.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...