InicioSucesosSete novas actuacións policiais por infrinxir o estado de alarma, dúas por...

Sete novas actuacións policiais por infrinxir o estado de alarma, dúas por “festas” en domicilios

O alcalde de Vigo volveu a insistir na necesidade de que os veciños permanezan nas súas vivendas, sen outra compañía que a dos habitantes deses domicilios. "Non se poden facer festas nin reunións de varias familias", recalcou e engadiu: "Sigamos con este comportamento excepcional que a cidade está a ter".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo tramitou nas últimas horas outras 7 actuacións, que afectan a máis de medio centenar de persoas, por infrinxir o Real Decreto do estado de alarma e, en dous casos, tratouse de reunións de varias persoas en domicilios particulares.

Así o trasladou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen sinalou que esas novas denuncias correspóndense con infraccións cometidas este xoves. Segundo apuntou, en dous casos, a Policía “detectou” a celebración de “festas” en domicilios particulares, coa participación de grupos de ata 20 persoas.

Respecto diso, o rexedor volveu a insistir na necesidade de que os veciños permanezan nas súas vivendas, sen outra compañía que a dos habitantes deses domicilios. “Non se poden facer festas nin reunións de varias familias”, recalcou e engadiu: “Sigamos con este comportamento excepcional que a cidade está a ter”.

A Policía Local de Vigo, pola súa banda, informou da identificación e denuncia a dous homes que se atopaban deambulando pola vía pública sen causa xustificada e infrinxiron o Real Decreto do estado de alarma, e que, ademais, estaban reclamados xudicialmente.

Segundo informaron fontes do 092, a primeira identificación produciuse na madrugada deste xoves, cando a Policía localizou a un home camiñando pola rúa. Ao paralo para identificalo, o home negouse a achegar os seus datos, pero os axentes puideron pescudar que se trataba dun vigués de 50 anos de idade, ao que lle consta unha orde de investigación de domicilio e paradoiro emitada polo xulgado de instrución número 1 de Vigo.

O xoves pola tarde, así mesmo, foi identificado outro home de Vigo, de 45 anos de idade, que foi sorprendido camiñando pola rúa Mariña Mansa, e ao que tamén lle constaba unha orde xudicial de investigación de domicilio e paradoiro, emitida por un xulgado de instrución de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...