InicioEconomíaA Xunta celebra o descenso do paro e expresa o seu desexo...

A Xunta celebra o descenso do paro e expresa o seu desexo de que continúe “a recuperación económica”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que evitou pronunciarse sobre o seu futuro político e o de Mariano Rajoy, celebrou este luns os datos de descenso do paro, e recalcou que “Galicia volve estar entre as Comunidades Autónomas con maior descenso” no número de desempregados, o que é “unha gran noticia”.

O titular do Executivo galego fixo esta reflexión durante a súa intervención ante os medios con motivo dunha visita ás obras da nova Cidade da Xustiza en Vigo.

Así, lembrou que, con respecto a maio de 2017, hai unhas 22.900 persoas menos “apuntadas ás listas do paro” e, “o que é máis importante”, hai máis de 26.700 novos afiliados á Seguridade Social no último ano. “Iso acredita que en Galicia baixa o paro de forma máis intensa que na media de España”, sinalou, e expresou o seu desexo de que “siga a recuperación económica”.

A ese respecto, apuntou que a comunidade galega leva “dez trimestres crecendo por enriba do 3 por cento” e que se está ante “unha recuperación económica importante”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...