InicioCultura(Vídeo) Música de pandeireta nos balcóns para aledar a corentena

(Vídeo) Música de pandeireta nos balcóns para aledar a corentena

O barrio da Ramallosa (Teo), encheuse de festa grazas ás coplas que lle botaron Sabela Maneiro e Olaia Tarrío.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Na tardiña deste luns, dúas das compoñentes do grupo de pandeireteiras Tanxugueiras, Sabela Maneiro e Olaia Tarrío, decidiron agarrar as súas pandeiretas, aclarar a voz e botarlle unhas cantas coplas dende o balcón da súa casa e para o mundo enteiro. Únense así á iniciativa doutras músicas e da poboación en xeral que tamén emprega as xanelas para se expresar nestes días de confinamento para previr a expansión do coronavirus.

A veciñanza do barrio da Ramallosa (Teo), axiña se botou aos balcóns para disfrutar da música das Tanxugueiras e para agradecer este pequeno concerto que aledou a contorna por uns momentos. “Un luxo de veciñas!”, rezaba un dos vídeos que compartiron nas últimas horas en redes sociais e no que saía Sabela e Olaia interpretando unha das pezas acompañadas da pandeireta.

Ademais, con esta iniciativa remarcan a necesidade de quedar na casa e non saír á rúa agás para o estritamente necesario durante estes 14 días de corentena.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...